04/12/08

Proxecto Arquímedes


No proxecto Arquímides, o alumnado de Primaria e Secundaria pode traballar cos contidos específicos do área de Ciencias da Natureza a través de materiais teóricos e prácticos que se distinguen polo súa interactividade. Segundo o ciclo educativo ao que vai dirixido, o tratamento e exposición dos materiais varían para adaptarse ás características do alumno.


01/12/08

Acceso á linguaxe para alumnado con discapacidade motora ALES II. Materiais especialmente pensados para alumnado con algún tipo de Discapacidade Motora, pero que todos poden utilizar xa que segue as pautas idóneas do proceso da aprendizaxe da linguaxe escrita.

28/11/08

23/11/08

O SÉCULO XX EN MÁIS DE 2 MILLÓNS DE IMAXES

Google colga parte do fondo gráfico da revista 'LIFE', con imaxes que se remontan ata o século XVIII. Son dous millóns de fotos coa memoria visual dun século: o mariñeiro que bica arrebatadamente a unha enfermeira en Times Square para celebrar o fin da II Guerra Mundial; o astronauta Neil Armstrong nos biosbardos; o magnicidio de Kennedy en Dallas. O buscador Google colgou na rede dous millóns de imaxes procedentes do fondo fotográfico da soada revista Life. Son gratis e preto do 95% non se publicaron nunca, segundo sinalaron fontes da revista nun comunicado. As máis antigas remóntanse a 1750.

17/11/08

Web 2.0 - Ou sexa que está despois da web 1.0...? Estará, se ti o dis.

A verdade é que moitas veces os nomes das ferramentas TIC parecen un xeroglífico, así que cando aparecen titoríais que nos facilitan a alfabetización dixital son moi de agradecer.

Aquí tedes un estupendo:

12/11/08

Proxecto Alquimia

Mediante 32 unidades de aprendizaxe, o Proxecto Alquimia facilita aos nenos a comprensión da contorna natural e social que lles rodea e incide en diversos aspectos de sensibilidade medioambiental e educación para a saúde. Partindo dunha división inicial para os tres ciclos de Primaria, mantense ao longo do recurso a estrutura de cinco grandes bloques de contidos: Medro feliz?, Animais e plantas?, Máquinas e ferramentas?, O meu planeta? e A máquina do tempo?. En castelán

11/11/08

"Os artrópodos no planeta Terra"


Esta divertida aplicación de Raúl Martínez Cristóbal vai dirixida a alumnos/as de Primaria, Secundaria e Bacharelato, e indaga no universo dos artrópodos (insectos, crustáceos, miriápodos, arácnidos...). Poderás atopar xogos, información e todo tipo de imaxes nos seus 190 apartados (cada un deles con diversos subapartados e animacións). En castelán

03/11/08

COÑECEMENTO DO MEDIO

Páxinas con información, actividades e recursos para traballar no 3º ciclo de EP.










RECURSOS TICs PARA 5º EP.







EPOCA DOS DESCUBRIMENTOS



A IDADE ANTIGA: Actividades, completar





PREHISTORIA: Información, actividades.






ESPAÑA: mapas interactivos de España






GALICIA: mapas interactivos de Galicia.



VOLCÁNS: Videos, comentarios en francés.





O PLANETA TERRA Capas, actividades, ...







A TERRA Informacións sobre a Terra,
a Lúa, o Sistema Solar, ...





PLANETA TERRA Capas, xeoloxía,
volcáns, terremotos, ...





OS ANIMAIS: actividades







OS SERES VIVOS: Información e actividades sobre os diferentes reinos,
en castelán.



ANIMALES VERTEBRADOS: Actividades clic, en castelán.




SERES VIVOS: Información e actividades, en castelán.





OS ANIMAIS: Clasificación, características, ... en castelán.


FOTOSÍNTESE: Videos (youtube).



FLORA GALEGA: A maior colección botánica de Galicia.




FOTONATURA: Galería de fotos relacionadas coa natureza.



POLINIZACIÓN:
Videos (youtube).






O CORPO HUMANO Información e actividades
sobre o corpo humano.





NUTRICIÓN: Actividades interactivas sobre a nutrición.







O MAGOSTO

Recursos en-liña Do Magosto
Get your own at Scribd or explore others: Education

TOC TOC...Ai non!! TICTICTIC


Benvidas/os a este novo edublog no que trataremos de reflectir a integración das novas tecnoloxías no noso traballo diario. A presión mediática (AULABLOGUE, FACEMOSMÚSICA, PASIÑO A PASIÑO...) "obrígannos" a presentarnos en sociedade antes do que pensabamos. Agardamos que os contidos vos sexan útiles e que dalgún xeito formedes parte do equipo.