03/12/12

COMO SUBIR UNHA IMAXE AO BLOG DE VOZ NATURA (WORDPRESS)?


O blog de Voz Natura do colexio está en proceso de elaboración. A súa construción vai supoñer subir unha chea de imaxes que se están a facer neste programa. Pois ben, o problema xurdiu perante a necesidade de colgar, en primeiro lugar, unha foto e, en segundo, varias, é dicir, unha galería. Ao primeiro problema trata de responder o vídeo de enriba. A segunda será contestada nun vindeiro artigo.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E WEB 2.0

01/11/12

COMO ENLENTECER UNHA CANCIÓN?


O outro día nunha clase de Infantil, os cativos e cativas estaban a aprender unha canción. Pero atopáronse que, ao cantárena, a música que reproducía o CD ía máis rápida ca eles. Necesitaban que a canción tivese un ritmo moito máis pausado para poder seguila ben.
Como facer iso? De seguido veredes o proceso a seguir cando nos atopamos con este atranco. Ben premendo aquí para ver o proceso en versión HTML ou vendo o vídeo de máis arriba.

30/10/12

UNHA CHEA DE RECURSOS EN GALEGO

Premede na imaxe para poder acceder a un espazo dedicado á recolleita de recursos en galego: dicionarios, tradutores, manuais... Gozádeo!

02/05/12

RECURSOS PARA O GALEGO



O profesorado galego dispón dun amplo abano de recursos interactivos para traballar nas aulas. Entre eles queremos resaltar aquí o seguinte: ENGALEGO

Trátase dunha páxina onde aparecen publicadas infinidade de materiais creados polo profesorado galego participante en actividades de formación durante os anos 2011 e 2012. Fundamentalmente son actividades LIM e do Proxecto XOGAMOS.